Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación da asistencia técnica para a realización dos traballos consistentes na comprobación visual de fachadas e terreos con fronte á vía pública, situados no centro urbano da cidade e Monte Porreiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: contratación dos traballos de comprobación visual de fachadas e terreos con fronte á vía pública, situados no centro urbano da cidade e Monte Porreiro. b) Prazo: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento da licitación: 4.800.000 pesetas, incluídos todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantía: definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 11ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección.

a) Menor prezo da oferta: ata 50%.

b) Experiencia documentada en traballos similares: ata 30%.

c) Melloras adicionais ós requisitos esixidos no prego: ata 20%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de

conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario general

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de área