Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ESGOS

ANUNCIO para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Mediante acordo da Comisión Municipal de Goberno do 2 de novembro de 2000, acordouse aproba-los pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación por concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario, da consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Esgos (Ourense), documentos que se expoñen ó público na secretaría do concello durante os seguintes 8 días hábiles ó da publicación deste edicto no BOP e DOG.

Ó propio tempo acordarase abri-lo procedemento de licitación de acordo co establecido nos referidos pregos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Esgos (Ourense).

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal coa documentación e contido que se definen nos pregos de condicións técnicas e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.747.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 194.940 pesetas.

b) Definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

No Concello de Esgos (Ourense), 32720 Esgos (Ourense).

Teléfono e fax: 988 29 00 00 e 988 29 00 06.

7. Prazo de presentación de proposicións.

Os 15 días naturais seguintes ó da última publicación deste edicto no BOP e no DOG (se coincidise en sábado ou festivo prorrogaríase ata o primeiro día hábil seguinte).

8. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

9. Documentación que presentarán.

As proposicións para participar neste concurso presentaranse en tres sobres de conformidade coas regras establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.

10. Apertura de proposición.

Ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación das proposicións (excepto se coincide en sábado, suposto no que a apertura tería lugar o día hábil inmediato posterior).

11. Outras informacións.

Criterios de valoración das propostas: os sinalados nas bases para a contratación.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Esgos, 15 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado