Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO do 1 de marzo de 2001 polo que se lle comunica a Granja Martiz, S.L. a procedencia de reintegra-lo importe aboado ó Fondo Español de Garantía Agraria por execución do aval prestado en garantía do pagamento da liquidación correspondente á taxa suplementaria no sector do leite e productos lácteos 1993/1994.

Recibida no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) solicitude da entidade financeira Caixa Nova na que solicita a execución do aval parcial subsidiario concedido por este instituto da Granja Martiz, S.L. en concepto de contragarantía de taxa suplementaria no sector do leite e productos lácteos, período 1993/1994, e ó resultar infructuoso o requirimento notarial de pagamento a Granja Martiz, S.L. practicado no domicilio social coñecido da empresa, sito na rúa Cidade de Viveiro nº 2, de Lugo, por abandono del, por medio deste anuncio notifícaselle á avalada Granja Martiz, S.L. a procedencia de lle reintegrar a Caixa Nova o importe por esta aboado o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) por execución do aval prestado en garantía do pagamento da liquidación correspondente a taxa suplementaria no sector do leite e os productos lácteos 1993/1994, e que ascende a 5.412.100 pesetas (cinco millóns catrocentas doce mil cen pesetas), dos cales:

-3.764.641 pesetas (tres millóns setecentas sesenta e catro mil seiscentas corenta e unha pesetas) corresponden ó principal da taxa liquidada.

-1.647.459 pesetas (un millón seiscentas corenta e sete mil catrocentas cincuenta e nove pesetas) corresponden a xuros.

A publicación deste anuncio iniciará o cómputo do prazo de noventa días naturais, establecido no aval do Igape como condición para a súa executabilidade.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica