Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na edición da revista Consumidores e da páxina web do Instituto Galego de Consumo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: edición da revista Consumidores e da páxina web do Instituto Galego de Consumo.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 15, do 22-1-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada de expedientes de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 6.600.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 23-2-2001.

b) Contratista: Ana Fernández Roca.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 6.000.000 de pesetas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo