Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso público de alleamento dunha parcela propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no polígono de Elviña na Coruña.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento dunha parcela que se detalla, propiedade do IGVS, para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas declaradas protexidas.

Polígono de Elviña:

Parcela: 151.

Valoración (pesetas): 24.154.793.

IVE (16%): (pesetas): 3.864.767.

Total (pesetas): 28.019.560.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos en Área Central do polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, ou na Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sita no Edificio de Servicios Múltiples, r/ Salvador de Madariaga, s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías: para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e tivesen desenvolvido a súa actividade nese campo polo menos os últimos tres anos.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sito no Edificio de Servicios Múltiples, 8ª planta, na rúa Salvador de Madariaga s/n, en días e horas hábiles, agás os sábados.

O prazo de admisión das proposicións rematará o día 18 de abril de 2001.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Delegación Provincial do IGVS na Coruña ás 11 horas do día 24 de abril de 2001.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas do día 2 de maio de 2001, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a claúsula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de 30 días contados desde a data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir xunto cos documentos esixidos na claúsula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo