Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reducción de residuos da industria conserveira e promovido por Aleco, S.A.

En cumprimento do disposto no acordo con data do 12 de marzo de 2001, desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia, de acordo co disposto no artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de dez (10) días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reducción de residuos da industria conserveira e promovido por Aleco, S.A.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

-Concello de Boiro.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental