Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública o estudio de avaliación ambiental para o proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública o estudio de avaliación ambiental para o proxecto de clausura, selaxe e rexeneación ambiental do vertedoiro de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

-Concello de Vilagarcía de Arousa.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental