Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización das obras de reforma e adaptación do Pazo de Xustiza de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma e adaptación do Pazo de Xustiza de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: dez (10) meses contados desde a data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 126.499.999 pesetas, IVE incluído.

Ano 2001: 83.444.136 pesetas.

Ano 2002: 43.055.863 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados, para o seu exame, na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

b) Igualmente, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

As copias da documentación e o proxecto soamente se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono 981 59 78 55.

c) Data límite para a obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C.

-Subgrupo: todos.

-Categoría: e).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: haberá que aterse ó disposto no punto 2.2.5.2, epígrafe 7, do prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Realacións Laborais