Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de material de cobertura cirúrxica para un só uso (C.P. 1/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público de subministracións:

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, Dirección de Recursos Económicos, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52. E-32005, Ourense. Tfno.: 988 38 59 49. Fax: 988 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Obxecto do contrato: adquisición de material de cobertura cirúrxica para un só uso.

Orzamento total: 58.970.290 pesetas, 354.418,58 euros, IVE incluído.

c) Lotes: 4. Posibilidade de licitar a un, a varios ou a totalidade dos lotes.

4. Prazo de execución: ver prego de condicións.

5. a) Solicitude da documentación: ver punto 1 deste anuncio.

Para consultar prego: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 20 de abril de 2001.

6.a) Data límite de recepción das propostas: 27 de abril de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de Administración, planta baixa. 32005 Ourense.

c) Lingua (s): galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da devandita apertura: 8 de maio de 2001; 9 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

8. Garantías esixidas. Provisional: o importe indicado no punto 11 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares do lote/s ós que se concorra. Definitiva: 4% do importe do orzamento base de licitación do lote/s adxudicado/s.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación: ver punto 13 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterio de oferta desproporcionada ou temeraria: o prezo que a súa porcentaxe exceda en 30 unidades á media aritmética das porcentaxes de baixa de tódos-los prezos ofertados.

14. Variantes: admítense, sen límite de número.

15. Información complementaria: o pagamento dos anuncios do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data do envío do anuncio: 6 de marzo de 2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

Ourense, 28 de febreiro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense