Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 63/2001, do 22 de marzo, polo que se lle recoñece a galeguidade á Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son, de Avellaneda (Arxentina).

En virtude do establecido no artigo 3, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único

Recoñécese a galeguidade á Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son, de Avellaneda (Arxentina).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública