Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.930

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 62/2001, do 22 de marzo, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento dun membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia crea, no artigo 11.1º, a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

O Decreto 483/1997, do 26 de decembro, establece a nova composición da Cicetga co fin de adaptala á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, e polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Como consecuencia do cambio habido no representante da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, procede actualiza-la composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento do seguinte vocal da Cicetga por non seguir no seu respectivo cargo, agradecéndolle os servicios prestados:

-José Mariano Pérez Fernández que, na súa condición de director xeral de Desenvolvemento Rural, figuraba en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Artigo 2º

O nomeamento do seguinte vocal da Cicetga, en substitución do anterior representante:

-Manuel López Casas, director xeral de Desenvolvemento Rural, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública