Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

EDICTO.

De acordo co disposto no artigo 6 do Real decreto 896/1991, procédese á publicación extractada das bases das convocatorias, aprobadas por resolución da Alcaldía de 8-2-2001, polas que se rexerán as probas selectivas para a provisión das prazas incluídas na oferta pública de emprego de 2000. Estas bases serán publicadas integramente no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

1. Obxecto da convocatoria: a provisión das prazas incluídas na oferta pública de emprego de 2000 do Concello de Rois.

2. Natureza e contido das prazas.

Grupo A.

Clasificacion: escala administración xeral. Subescala técnica.

Nº de prazas: 1.

Denominación: técnico de administración local.

Sistema de provisión: libre.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Grupo C.

Clasificación: escala administración xeral. Subescala administrativa.

Nº de prazas: 2.

Denominación: administrativo.

Sistema de provisión: promoción interna.

Sistema de selección: concurso.

3. Probas.

Praza técnico administración xeral.

Fase de concurso.

A) Experiencia profesional ou valoración do traballo desenvolvido:

-Por servicios efectivos prestados na Administración local, en postos de similares características ás da praza á que aspira: 0,5 puntos por mes traballado.

A puntuación máxima por este epígrafe non poderá ser superior a 6 puntos.

B) Por cursos, xornadas ou seminarios impartidos polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, a deputación provincial, ou calquera outro organismo ofi

cial competente para impartilos, relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira:

-Por cada curso, xornada ou seminario de 8 horas ata 40 horas lectivas: 0,25 puntos.

-Por cada curso, xornada ou seminario de máis de 40 horas lectivas: 0,50 puntos.

A puntuacion por este epígrafe non poderá exceder de 1 punto.

C) Por cursos sobre o sistema de xestión municipal Ágora:

-Por cada curso: 0,5 puntos.

A puntuación máxima por este epígrafe non poderá exceder de 1,5 puntos.

Un mesmo curso, xornada ou seminario só se valorará no punto B) ou no C).

Puntuación máxima na fase de concurso: 8,5 puntos.

Fase de oposición.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios:

-Un teórico.

-Un práctico.

-Unha proba de coñecemento do idioma oficial da Comunidade Autónoma galega.

-Entrevista persoal.

Os dous primeiros terán carácter obrigatorio e eliminatorio, cualificándose cada un deles de 0 a 10 puntos. Quedarán eliminados os aspirantes que non cheguen ó mínimo de 5 puntos en cada un deles. O terceiro será obrigatorio e non eliminatorio, cualificándose ata un máximo de 2 puntos. A entrevista persoal celebrarase no caso de que o tribunal o considere necesario e cualificarase de 0 a 2 puntos.

O exercicio teórico realizarase por escrito, e consistirá no desenvolvemento de tres temas:

-Un deles elixirase entre dous propostos do programa de materias comúns.

-Dous elixiranse entre catro propostos do programa de materias específicas.

No anexo destas bases recóllense os temas que forman parte de cada un dos programas citados.

A elección dos temas será realizada polo tribunal no momento do comezo do exercicio. Para o seu desenvolvemento concederase un tempo de tres horas.

O exercicio práctico consistirá na resolución de dous supostos prácticos formulados polo tribunal sobre temas relativos ás funcións da praza á que se aspira. Os aspirantes disporán dun tempo de tres horas para a realización deste exercicio.

A proba de coñecemento do idioma galego consistirá na traducción de dous textos, un de galego para o castelán e outro de castelán para o galego,

fixándose un tempo dunha hora para a realización da proba.

A suma de puntuacións obtidas nas fases de concurso e de oposición servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

Prazas de administrativos.

O tribunal non poderá estimar o non alegado e probado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-las solicitudes para admisión ás probas selectivas.

Nesta fase estimaranse os seguintes méritos.

Por servicios prestados na Administración local, no Concello de Rois:

-1 punto por ano de servicio, ata un máximo de 5 puntos.

Por coñecemento de galego, acreditado cos correspondentes títulos:

-Iniciación ou básico: 1 punto.

-Perfeccionamento: 2 puntos.

Só se estimará un deles.

Cursos de formación e perfeccionamento relacionados coa praza e/ou coas funcións propias das administracións públicas:

-Cursos de 40 horas ou máis: 0,50 puntos por curso.

-Cursos ou xornadas de menos de 40 horas: 0,25 puntos por curso ou xornada.

-A puntuación total dos cursos será estimada ata un máximo de 3 puntos.

Nos diplomas ou documentos que acrediten a realización dos cursos deberá consta-la súa duración. De non figurar, entenderase que teñen menos de 40 horas. Só se estimarán os cursos homologados oficialmente e impartidos por organismos públicos e centros autorizados.

Os méritos estimaranse con referencia á data na que finalice a presentación de instancias e acreditaranse no momento de formaliza-la solicitude de participación, presentando documentación orixinal ou fotocopias compulsadas.

Rois, 8 de febreiro de 2001.

Enrique José Tojo Blanco

Alcalde-presidente