Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do proxecto de ordenación do medio rural de Ramirás.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei do solo de Galicia faise pública a aprobación definitiva das modificacións puntuais do proxecto de ordenación do medio rural de Ramirás polo Pleno municipal en sesión do día 19 de febreiro de 2001, co quorum esixido polo artigo 47.3i) da Lei de Administración local de Galicia.

A Corporación Municipal, na referida sesión, por unanimidade acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as modificacións puntuais do proxecto de ordenación do medio rural de Ramirás redactadas polo arquitecto Alberto de Paula Prieto, que consta no expediente, nas que se inclúe a modificación da cartografía cualificando a unha parcela situada na localidade do Viso para uso de construcción de vivendas sociais.

Segundo.-Ordena-la publicación inmediata da aprobación das modificacións no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, inserindo neste último o texto normativo das modificacións das ordenanzas que contén, así como dar conta da aprobación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda conforme o sinalado no artigo 48 da Lei

do solo de Galicia co fin de que produza a entrada en vigor do proxecto aprobado.

Ramirás, 20 de febreiro de 2001.

Pilar López García

Alcaldesa