Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 01/1-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Montouto 2000, S.A.

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 43 entreplanta Ourense.

Título: parque eólico Montouto.

Concellos afectados: Arbo, A Cañiza, Covelo, Mondariz e As Neves.

Superficie afectada: 885,65 ha.

Coordenadas UTM (x, y):

V(555.260, 4.674.208), V(555.581, 4.674.197), V(555.409, 4.673.874), V(555.613, 4.673.285), V(555.552, 4.672.646), V(554.972, 4.672.225), V(553.819, 4.669.517), V(554.215, 4.669.316), V(553.993, 4.669.042), V(553.882, 4.668.820), V(554.717, 4.668.367), V(554.540, 4.668.038), V(553.986, 4.668.241), V(553.418, 4.667.502), V(554.025, 4.666.891), V(554.833, 4.666.022), V(554.686, 4.665.873), V(553.570, 4.665.663), V(553.315, 4.664.949), V(553.767, 4.664.235), V(553.587, 4.664.042), V(552.895, 4.664.752), V(553.460, 4.666.146), V(553.455, 4.666.621), V(552.841, 4.666.959), V(551.190, 4.667.434), V(551.262, 4.667.673), V(551.750, 4.668.254), V(551.909, 4.668.343), V(552.080, 4.668.151), V(552.104, 4.667.825), V(552.151, 4.667.640), V(552.840, 4.667.345), V(553.136, 4.667.895), V(552.488, 4.670.072), V(551.722, 4.670.423), V(551.213, 4.670.430), V(551.213, 4.670.723), V(551.963, 4.670.727), V(552.570, 4.670.294), V(553.314, 4.670.072), V(554.610, 4.672.394),

V(555.329, 4.672.684), V(555.322, 4.673.334), V(555.204, 4.673.670).

Número de aeroxeradores que se van instalar: 66.

Potencia unitaria: 750 kW.

Potencia que se vai instalar: 49,50 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na r/ Eduardo Pondal, número 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 12 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra