Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Secretaría Xeral para o Deporte, que se vai situar nas súas instalacións do complexo deportivo Estadio da Xuventude de Pontevedra, e inclúese esta no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 00/76 A.T.).

Examinado o expediente instruído por instancia da Consellería da Presidencia e Administración

Pública, Secretaría Xeral para o Deporte, con enderezo para efectos de notificacións en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 20 de setembro de 2000, a referida empresa solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida no réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, dunha planta de coxeración que se vai construir nas súas instalacións do Estadio da Xuventude en Pontevedra. Xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 7 do citado Real decreto 2818/1998 e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización,

abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Un motor de combustión interna alimentando a gas natural de 165 kW de potencia a 1.500 rpm.

-Un xerador síncrono de 160 kW, tensión de xeración 400 V e facto de potencia 0,8.

-Instalacións de alimentación de combustible, sistemas de control, protección e sincronización.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 18 de outubro de 2000 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no BOP de Pontevedra do 7-11-2000 e no DOG do 5-12-2000, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Cuarto.-O proxecto, que recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982,

do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polos artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la instalación da planta de coxeración á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Secretaría Xeral para o Deporte que se vai situar nas súas instalacións do Estadio da Xuventude no concello de Pontevedra.

-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo a.1 do artigo 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG desta resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e as condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous anos desde a publicación desta resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral no desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado qeu para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria