Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós establecementos que no anexo I se mencionan as resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, en diante REAT.

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que nos establecementos que a continuación se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade tal e como dispón o parágrafo primeiro do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, o Servicio Provincial de Turismo propón a revogación de autorización e a conseguinte cancelación no REAT.

Por todo o exposto, notifícaselles ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo I que se no prazo de dez días non presentan alegacións que xustifiquen o peche temporal ou a súa vontade efectiva de continuar coa actividade, se acordará de ofi

cio a revogación da autorización e a cancelación da inscrición no REAT, todo isto ó abeiro do parágrafo segundo do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e do artigo 17.2º do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de

Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO I

Relación de cafeterías propostas para a baixa

DenominaciónSign.TitularEnderezoConcelloCP

NapiC-439Cafetería Napi, CBAvda. Galicia, 26O Porriño36400

SinaloaC-329Carlos Saavedra CarreraM. Berdiales, 15Vigo36203

Manila 75C-155Tomás Vázquez PérezCarral, 16Vigo36202

Relación de restaurantes propostas para a baixa

DenominaciónSign.TitularEnderezoConcelloCP

La Dama del RíoR-1842Adolfo Agra BreaO Foxo, 20, RubínA Estrada36680

FarrucoR-1222María García DíazS. Vicente do MarO Grove36989

HermidaR-566Manuel M. Vidal AlejandroFalperra, 24Vigo36202

AlamedaR-1674Salvador Otero CoresAvda. Mariña, 40Vilagarcía de Arousa36600

BarbeitoR-2212José Luis Aboal DíazA Cendona-LérezPontevedra36155

GallegoR-2186Isabel Malleiro FreitasGagos Mendoza, 2Pontevedra36001

Río LérezR-840José M. Insua RodríguezAvda. MonteporreiroPontevedra36162

Ciudad EncantadaR-1877Fernando J. Iglesias SeoaneJardines VincentiPontevedra36001