Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución da segunda fase do parque eólico denominado Monte Redondo e se inclúen a primeira e a segunda fase no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 15/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Energías Ambientales, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º esq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Redondo; resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 3 de marzo de 2000, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Redondo, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, de 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto, na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 21 de marzo de 2000, publicada no diario Ideal Gallego do 31 de marzo de 2000, no BOP da Coruña do 7 de abril de 2000, no DOG do 18 de abril de 2000 e no taboleiro de anuncios do concello de Vimianzo.

As alegacións que se presentaron durante o período de información pública foron contestadas na auto

rización da primeira fase do citado parque eólico, non afectando estas á segunda fase do citado parque eólico.

Terceiro.-O 25 de setembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, reducíndose o número de aeroxeradores de 66 a 63, dado que se considera os aeroxeradores nº 37, 38 e 39, na súa posición inicial non son compatibles coa defensa dos valores ambientais existentes así como os accesos proxectados para este.

Cuarto.-O 30 de outubro de 2000, o promotor presentou escrito no que solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da primeira fase do parque eólico de Monte Redondo, para unha potencia de 47,25 MW, á espera da recolocación dos referidos aeroxeradores en conforme o esixido na declaración de efectos ambientais, establecida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, así como a declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial.

Quinto.-O 24 de novembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución da 1ª fase do parque eólico de Monte Redondo, para unha potencia de 47,25 MW e unha colocación de 63 dos 66 aeroxeradores proxectados, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Monte RedondoVimianzo491.250 4.776.000
492.5004.774.750
494.2504.774.750
494.2504.776.000
495.5004.776.000
495.5004.772.000
493.5004.772.000
492.2504.773.000
492.7504.773.500
491.7504.775.500

Nº de aeroxeradores: 66.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Producción anual estimada: 131.423 MWh/ano.

Investimento previsto: 7.425.000.000 de pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-66 aeroxeradores, Mod. Ecotecnia 48/750, de 750 kW de potencia, montados sobre torres metálicas troncocónicas de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 48 m de diámetro.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador

principal 20/66 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Sexto.-O 31 de outubro de 2000, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., presentou a documentación requirida na declaración de efectos ambientais formulada o 25 de setembro de 2000 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, co fin de obte-lo informe favorable do citado organismo, ó cambio das posicións dos aeroxeradores 37b, 38b e 39b.

Sexto.-O 5 de xaneiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu modifica-la declaración de efectos ambientais do citado parque, pasando de 47,25 MW a 49,5 MW, é dicir, recolocando os 3 aeroxeradores que afectaban nun principio a bens patrimoniais e culturais catalogados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Sétimo.-O 6 de febreiro de 2001, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución da segunda fase do parque eólico de Monte Redondo, así como o recoñecemento do réxime especial de todo o parque, de acordo con lo establecido no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Octavo.-O 8 de febreiro de 2001 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable ó modificado do proxecto de execución parque eólico de Monte Redondo, no que se definen as posicións dos aeroxeradores 37b, 38b e 39b.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro xa citado.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Energías Ambientales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos da segunda fase do parque eólico denominado Monte Redondo, para unha potencia de 2,25 MW, para situar no Concello de Vimianzo.

-Aproba-lo modificado do proxecto de execución da segunda fase da dita instalación.

-Recoñecer á primeira fase e segunda fase desa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Energías Ambientales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza única para a primeira e segunda fase do citado parque eólico de 148.500.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento total de 7.425.000.000 de pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Energías Ambientales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Espe

cial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 25 de setembro de 2000 e a modificación do 5 de xaneiro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre industrias en xeral, réxime de instalación, ampliación e traslado, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria