O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Gomeán 2, nº 5709-2, situada en terreos dos concellos do Corgo e Castroverde, provincia de Lugo, e solicitado por Ingemarga, S.A.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente e as alegacións formu
laranse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria