Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/12-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Pórtico, S.A.

Domicilio social: Arrufana, 909, 36416 Mos (Pontevedra).

Denominación: L.M.T.S. e C.T. para nave industrial en Quintela.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor tipo R.H.Z. 112/20, de 315 m con orixe e remate no C.T. en caseta (040222) existente na estrada de Castro de Beiro, logo de lle suministrar ó C.T. proxectado en caseta preto da nave, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V na estrada Vigo-Quintela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense