Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00418-O-1997).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso de

revisión

PO-00418-O-1997

OR-5962-I

G.C. Tráfico

Lucía Covelo Pérez

Enrique Lorenzo, 1-1º C,

36207 Vigo (Pontevedra)

Transportar ácido acético, percloretileno, dando un peso total en báscula de 9.380 kg, estando autorizado para un PMA de 7.800 kg, o que supón un exceso de peso de 1.580 kg, un 20,26% sobre o PMA. Pesaxe efectuada en báscula oficial da ITV no Porriño. Realizar transporte mercadorías perigosas (meta-metil-etil cetona-porclorotileno), carecendo de tarxeta de transportes; non é válida a anterior por estar a nome doutra persoa. Servicio público.

10-4-1997; 12.30; N-550; 159,500

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990,

artigo 90 da Lei

16/1987 e artigo 41

do R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

200.000 pesetasEstimado parcial

125.000 ptas.