Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7067; XG-441, Ourense-Coles-A Peroxa-Barrela, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0552; XG-036, Ourense-A Peroxa, e V-2637; XG-276, Ourense-Gueral, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 19 de xaneiro de 2001, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Gómez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7067; XG-441, Ourense-Coles-A Peroxa-Barrela, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0552; XG-036, Ourense-A Peroxa, e V-2637; XG-276, Ourense-Gueral, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada:

-Ourense, Cudeiro, Sobral, Gustei, cruzamento Vilarchao, Vilarchao (Coles), Marco de Mira, A Barra, Rabacido, A Peroxa, Mirallos, Besteiros, San Mamede, Losada e Barrela.

-Cruzamento Vilarchao, Vilarnaz, Cambeo, Pensalbas, Santa Mariña, Vilar da Barra, Gueral, Muíños da Vila, Cinco Nogueiras, Vilarrubín e Rabacido.

-Vilarchao, Bergaza, A Chabola e Vilar da Barra.

-Marco de Mira e Vilar da Barra.

-A Barra e Cinco Nogueiras.

-Muíños da Vila, Toubes, Pacios, As Cuartas, Pitón e A Penela.

-A Peroxa, cruzamento Lentomil, Carracedo, Beacán, Casdevila e Os Peares.

-Cruzamento Lentomil, Lentomil, Gaioso, Campos, Turzavella e Besteiros.

-Campos e Temes.

-San Mamede e Castro de Carballedo.

-Ourense, Ribela, Belesar, Barra de Miño, Redondelle e Rabacido.

2. Prohibicións de tráfico.

-De Castro de Carballedo para Ourense e viceversa.

-De Barrela para o tramo Cambeo-Ourense e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Ourense-Gustei-Cambeo-Vilar da Barra-Gueral-Cinco Nogueiras-A Peroxa-Carracedo-Os Peares (33 km).

-Unha expedición de ida e volta os días laborables de luns a venres.

Ourense-Gustei-Cambeo-Vilar da Barra-Gueral-Cinco Nogueiras-A Peroxa-Carracedo (28 km)

-Unha expedición de ida e volta os días laborables de luns a venres.

Ourense-Gustei-Vilarchao-A Barra-Cinco Nogueiras-A Peroxa-Mirallos-Besteiros (26,7 km).

-Unha expedicion de ida e volta os días laborables de luns a venres.

Ourense-Gustei-Vilarchao-A Barra-Rabacido-A Peroxa-Mirallos-Besteiros (25,4 km).

-Unha expedición de ida e volta os días laborables de luns a venres.

Ourense-Ribela-Belesar-Barra de Miño-Redondelle-A Peroxa (21 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilarchao-Bergaza-Vilar-Marco de Mira (4,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Muíños da Vila-Toubes-Pitón-A Penela (8 km)

-Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables.

A Peroxa-Lentomil-Campos-Temes-Campos-Besteiros-San Mamede-Castro de Carballedo-San Mamede-Losada-Barrela (25,6 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 10,8102 pesetas.

* Tarifa usuario: 11,5669 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6215 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, computados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes