Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7034; XG-408, A Coruña-Santa Comba, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) da concesión V-7034; XG-408, A Coruña-Santa Comba, con anexos, da titularidade da empresa Automóviles Sigrás Carral, S.A., mediante a incorporación a ela dos seguintes anexos:

-O Burgo (cruzamento)-Almeiras (cruzamento N-550).

Cruzamento Rumbo-Ledoño.

-Celas-Castelo-Belvís (Carral).

-Elviña (cruzamento A Zapateira-N-550)-Ermida (cruzamento aeroclub).

-Vilaboa (cruzamento N-550)-cruzamento A Zapateira.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes