Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (705/2000).

Eu, Agustín Ignacio Peña López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 705/2000 seguidos por instancia de Sonia N. Seoane Canosa contra a empresa Orlando Fariña García e o Fogasa sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 9-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Sonia N. Seoane Canosa, contra a empresa Orlando Fariña García debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á actora da suma de 216.558 pesetas, con absolución do fondo de garantía salarial,, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Orlando Fariña García que tivo o seu último enderezo coñecido en Travesía de Meicende, 119, baixos 1 e 2, Meicende, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 9 de febreiro de 2001.

O secretario

Rubricado