Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (296/2000).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 296/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, quince de xaneiro de dous mil un.

Jorge Gines Cid Carballo, maxistrado xuíz de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa xuízo de faltas 296/2000, seguida por unha falta estafa contra Evaristo Fariñas Sarmiento, natural de Baños de Molgas, con enderezo en Ourense, nacido o día vinte de abril de mil novecentos sesenta e oito, sendo parte nesta o Ministerio Fiscal e o denunciante Jesús Núñez Casal.

Sentencio que debo absolver como absolvo a Evaristo Fariñas Sarmiento da falta de estafa de que viña acusado, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Evaristo Fariñas Sarmiento, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Santiago de Compostela o dezanove de febreiro de dous mil un.

A Secretaria

Rubricado