Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (149/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 149/2000 se acordou citar a Steve Vispo Ribas, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 4 de abril, ás 11.30 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de asistiren ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoos de que de non o facer recaerá sobre eles o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

E para que conste e lles sirva de citación a Steve Vispo Rivas, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 22 de febreiro de 2001.

O secretario

Rubricado