Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.885

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 20 de febreiro de 2001 pola que se fixan os prezos de inscrición para o curso A cidade histórica como proxecto, e para os talleres Memoria, materia e proxecto, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no mes de outubro de 2001.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, cómpre regula-los prezos de inscrición para a asistencia ó curso A cidade histórica como proxecto, e os talleres Memoria, materia e proxecto, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exencións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. As tarifas esixibles polo prezo privado 36.29.00. Cursos, xornadas e seminarios, como contraprestación polos servicios de impartición do curso, xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, son as que se fixan no anexo a esta orde, e xestionaranse de acordo co disposto na normativa vixente en materia de prezos privados.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

A inscrición no curso A cidade histórica como proxecto, e os talleres Memoria, materia e proxecto, terá catro tarifas:

1. Contía para pagar polas persoas que acrediten ter realizado ou estar realizando estudios no curso académico 2000-2001 en calquera das universidades españolas.-Contía por persoa nunha soa actividade: 5.000 pesetas.-Contía por persoa nas dúas actividades: 7.500 pesetas.

2. Contía para pagar por persoas que non se atopen nas circunstancias anteriores:-Contía por persoa nunha soa actividade: 10.000 pesetas.-Contía por persoa nas dúas actividades: 15.000 pesetas.