Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 37/1995, do 1 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/4208/1994, interposto por Fernando Ucera Vázquez e outros, contra resolución do Consello da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1993, así como a desestimación presunta, por silencio administrativo, dos recursos de reposición deducidos contra a dita resolución, sobre aprobación definitiva do proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da Lei do solo de Galicia.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 37/1995, do 1 de xuño, que a seguir se trascribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Fernando Ucera Vázquez e demais citados no encabezamento desta sentencia contra resolución do Consello da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1993, de aprobación definitiva do proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da Lei do solo de Galicia; así como a desestimación presunta, por silencio administrativo, dos recursos de reposición deducidos contra a dita resolución; anulámo-las ditas resolucións por seren contrarias a dereito en canto á edificación urbanística dos terreos situados na avda. de Samil».

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda