Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 02/4034/2001 e dous máis, todos eles contra resolucións desta consellería, do 4 de decembro de 2000.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda recibíronse escritos do presidente de sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante os que se reclaman os expedientes correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 02/4034/2001, interposto pola entidade Banco de Galicia, S.A.; 02/4134/2001, interposto por María Luisa Ogando Pérez; e 02/4135/2001, interposto por Oteca-Guinovart, S.A.-UTE. Os mencionados recursos contencioso-administrativos interpóñense contra as resolucións desta consellería, do 4-12-2000, que declararon inadmisibles os recursos de alzada interpostos contra o contido do escrito do director xeral de Obras Públicas, do 31-7-2000, no que lles comunicaba ós interesados as actuacións para realizar coa finalidade de dar cumprimento ós mandatos xudiciais de embargo sobre as cantidades pendentes de pagamento á entidade mercantil Oteca, S.A.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado por aquel órgano xurisdiccional, esta secretaría xeral resolveu ordena-la remisión dos correspondentes expedientes administrativos ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nos procedementos, e se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisidcción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda