Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de febreiro de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Biotecnoloxías do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 47, do 7 de marzo de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 2.818, no artigo 2º, parágrafo cuarto, onde di: «Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 1.800.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2000 e 2001 (900.000 pesetas en cada un deles)», debe dicir: «Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 1.800.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (900.000 pesetas en cada un deles)».