Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.866

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 61/2001, do 15 de marzo, polo que se dispón a substitución dun representante do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e a forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno.

A Universidade de Santiago de Compostela, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a baixa de Eugenio Rodríguez Núñez como membro

do Consello Social desa universidade, en representación dos profesores, e a súa substitución por Carlos Herrero Latorre, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 7/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada Lei 5/1987, do 27 de maio, do consello social da universidade e do consello universitario de Galicia, os documentos preceptivos, por parte do novo membro designado de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Santiago de Compostela, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Nomear como membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Carlos Herrero Latorre, en representación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta persoa substitúe, polo mesmo concepto, a Eugenio Rodríguez Núñez, que cesa como membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º.

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela:

Darío Villanueva Prieto, rector da universidade.

Gumersindo Guinarte Cabada, secretario xeral da universidade.

Ana Consuelo Fernández Pulpeiro, xerente da universidade.

Manuel Castro Cotón, membro da Xunta de Goberno.

Carlos Herrero Latorre, membro da Xunta de Goberno.

Andrés Beiras Iglesias, membro da Xunta de Goberno.

Óscar García Martín, membro da Xunta de Goberno.

Óscar Díaz Queizán, membro da Xunta de Goberno.

Javier Manuel Fariña Pérez, membro da Xunta de Goberno.

Antonio Pérez Casas, membro da Xunta de Goberno.

II) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Ramón Castromil Ventureira.

Óscar Fernández Refoxo.

Jesús García Calvo, presidente.

Alexandre Leis Carlés.

Ghaleb Jaber Ibrahim.

Francisco Vázquez Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Ramón Domínguez Sánchez.

Mario Alfonso Calvo Alonso.

Ramón Cobián Varela.

Manuel Lucas Álvarez.

Jesús Alonso Escurís.

c) Designados polos sindicatos:

José Luis Crespo Garrido.

Emilio Crespo Correa.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Blanca García Montenegro.

Manuel Jaime Martínez Rapela.

Disposición derradeira única

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.