Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.865

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 60/2001, do 15 de marzo, polo que se nomea rector magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor José Luis Meilán Gil.

A Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, no seu artigo 18 dispón que o rector

será elixido polo claustro universitario entre os catedráticos da universidade que presten servicios nela, e nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.

Do mesmo xeito, os estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro, modificados polos decretos 245/1998, do 30 de xullo, e 41/2000, do 25 de febreiro, dispoñen, no seu artigo 63.1º, que lle corresponde ó claustro universitario a elección do rector, que será nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia.

Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade da Coruña polo que se remite a acta da sesión do claustro da devandita universidade do día 15 de febreiro de 2001, na que se fai constar que o profesor doutor José Luis Meilán Gil foi elixido para o cargo de rector por maioría absoluta, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia do claustro universitario da Universidade da Coruña, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor José Luis Meilán Gil.

Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria