Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

EDICTO.

O Pleno deste concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de febreiro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Trasmiras, que foi informado polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 9 de xaneiro de 2001.

De conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública, para que durante o prazo dun mes os interesados que o desexen poidan examinar todo o expediente e formular por escrito cantas alegacións e reclamacións coiden convenientes. Este prazo dun mes empezará a contar a partir da última publicación deste edicto no DOG ou no xornal La Región.

Trasmiras, 21 de febreiro de 2001.

Jaime Garrido Sotelo

Alcalde