Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto alcaldía nº 498/2001, do 30 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda da parcela M9.4 sita no ámbito do Plan parcial As Galeras, polígono 1-Bastiagueiro-Liáns, termo municipal de Oleiros (A Coruña); coas seguintes características:

-Parcela M9.4.

Superficie: 3.884'21 m.

Descrición: terreo destinado a soar sobre parte do cuarteirón denominado M9, cunha superficie de 3.884,21 m de xeito poligonal, que linda: norte con parcela M9.3, en liña recta de 72,19 m e coa prcela M9.1 en liña recta de 5,22 m; sur, con sistema viario, en liña poligonal de 86,84 m; leste con parcela M9.1, en liña recta de 35,63 m e coa parcela M9.7 en liña recta de 22,94 m; oeste con sistema viario, en liña curva de 46,12 m. Sobre esta parcela sitúanse dous bloques destinados á edificación, cos parámetros edificatorios que se consignan nesta ficha.

Título: adxudicada ó concello no proxecto de compensación do polígono número 1 do P.P. As Galeras, o cal foi elevado a público ante o notario de Oleiros, Rafael Benzo Sáinz, o día 28 de setembro do ano 2000, número de protocolo 1998.

Uso: vivenda colectiva e espacio libre adscrito.

Aproveitamento: 2.492,7244 m.

Edificabilidade: 2.630,7393 m.

Nº vivendas: 22.

Cotas: xeral: 4,3790% PAU: 0,8395%.

Cargas: gravada coa afección ó pagamento do 4,3790% do importe de gastos xerais e ó pagamento do 0,8395% dos gastos derivados do programa de actuación urbanísticas, previstos todos eles na conta de liquidación provisional e, en todo caso, á porcentaxe equivalente na liquidación definitiva da conta do proxecto. Grávase coa carga de pertencer á futura entidade de conservación que se constitúa, coa cota que fixe a propia entidade.

Tipo de licitación: 68.370.288 pesetas.

Fianza: 1.367.406 pesetas.

Réxime: parcela destinada á construcción de 22 vivendas en réxime de protección pública (Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño).

Os gastos de urbanización que en cada caso se produzcan serán por conta do Concello de Oleiros.

O modelo de proposición e a documentación que hai que presentar é a que figura nos pregos de cláusulas administrativas que se poderán recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros sito no primeiro andar, de 9 a 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguine a aquel en que apareza este anuncio no último diario oficial en que se publique.

Oleiros, 9 de febreiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta