Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía nº 499/2001, do 30 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda da parcela nº 60 sita no ámbito do proxecto de compensación A Cova, poligono I-Oleiros (A Coruña); coas seguintes características:

Parcela nº 60.

Superficie: 1.549,485 m.

Descrición: parcela estremeira na súa fronte sur coa estrada Oleiros-Espírito Santo en línea de 65 m. Linda ó norte co vial interior denominado JKK e a parcela de equipamentos socioculturais, ó sur coa estrada Oleiros Espírito Santo, ó oeste coa estrada Oleiros-Espíritu Santo ó leste coas parcelas 57 e 59.

Título: adxudicada ó concello no proxecto de compensación do polígono número 1 do SUNP B-25-R A Cova, o cal foi elevado a público ante o notario de Oleiros, Rafael Benzo Sainz, o día 22 de agosto do ano dous mil, número de protocolo 1733, e atópase inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, na sección Oleiros, libro 517, folio 115, predios 36647, inscrición primeira.

Uso: uso residencial plurifamiliar.

Edificabilidade: 2.160,00 m.

Cotas: asígnaselle unha cuota de participación nas cargas de urbanización do 10% sobre o total do polígono I, e ademais unha cota de participación nas cargas de mantemento do 10% sobre o total do polígono I.

Aproveitamento: o 10% do aproveitamento materialízase en:

Coeficiente de ponderación VPO (B+2)=1.

Coeficiente de ponderación v. unifamiliar =1'59.

Superficie ámbito = 41.750'75 m.

Edificabilidade = 14.556'30 m.

Edificabilidade VPO = 2.160 mx 1= 2.160 m.

Altura: B + 2.

Nº de viviendas: 24 viviendas protexidas.

Tipo de licitación: 32.832.000 pesetas.

Fianza: 656.640 pesetas.

O adxudicatario queda obrigado ó pagamento dos gastos de urbanización.

Réxime: parcela destinada á construcción de 24 vivendas en réxime de protección pública (Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño).

O modelo de proposicións e a documentación que hai que presentar é a que figura nos pregos de cláusulas administrativas que se poderán recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros sito no primeiro andar, das 9 ás 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que apareza este anuncio no último diario oficial en que se publique.

Oleiros, 9 de febreiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta