Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía nº 497/2001, do 30 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda de 8 parcelas sitas no ámbito do plan parcial As Galeras, polígono I-Bastiagueiro-Liáns, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

As parcelas que se poxan son as seguintes:

ParcelaSuperficie

(m)

Tipo de licitación

(ptas.)

Fianza

(ptas.)

M5.2.7507,008.821.384176.428

M5.2.8507,008.821.384176.428

M5.2.9498,908.680.452173.609

M5.2.10465,938.106.800162.136

M5.2.13507,008.821.384176.428

M5.2.14507,008.821.384176.428

M5.2.15507,008.821.384176.428

M5.2.16507,008.821.384176.428

Características comúns a tódalas parcelas:

Os gastos de urbanización que en cada caso se produzan serán por conta do Concello de Oleiros.

-Uso: vivenda unifamiliar illada-pareada.

-Edificabilidade e aproveitamento: 325,7407 m, a excepción de 320,5366 para M5.2.9, e 299,3538 m para a M5.2.10.

O modelo de proposición e a documentación que hai que presentar é a que figura nos pregos de cláusulas administrativas que se poderán recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, sito no primeiro andar, de 9 a 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que apareza este anuncio no último diario oficial en que se publique.

Oleiros, 9 de febreiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta