Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 21 de febreiro de 2001, aprobou a adxudicación, mediante concurso, para a prestación dos servicios de vixilancia no Fogar do Transeúnte, polo que se anuncia a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servicios de vixilancia no Fogar do Transeúnte. O horario de traballo será tódolos días do ano, desde as 21.30 ata as 8.30 horas do día seguinte, prestados por un/unha vixilante/a sen arma.

d) Prazo de duración: un ano. Poderase prorrogar ata un máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe: o prezo máximo fíxase en 1.943 pesetas/hora, IVE incluído (11,68 euros). Non obstante, o prezo será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 146.891 pesetas (882,83 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións técnicas e económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 12 de marzo do 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área