Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

EXPOSICIÓN pública de aprobación definitiva de modificación puntual do planeamento.

Efectuada a aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Xove, en sesión plenaria do 6 de abril de 2000, para a construcción de vivendas de promoción pública, e publicado o seu texto íntegro no BOP de Lugo nº 90, do 18 de abril de 2000, de conformidade co disposto nos artigos 48.2º e 50 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e normativa concordante, faise pública cos efectos procedentes.

Xove, 16 de marzo de 2001.

Secundino Vázquez Fra

Alcalde accidental