Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ARNOIA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada con data 4 de agosto de 1998, o proxecto de ordenación do medio rural do municipio da Arnoia (Ourense), en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, iníciase un trámite de información pública, por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán examina-lo expediente e formula-las alegacións que estimen oportunas.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas, cunha duración máxima dun ano, naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento nas que as novas determinacións supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente.

En calquera caso, a suspensión extínguese coa aprobación definitiva do planeamento.

Arnoia, 15 de febreiro de 2001.

Rogelio Martínez González

Alcalde