Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-1/2000).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Enrique Muñiz Abelenda e outros, por Juan Patiño Regueira, por Consuelo Rodríguez Fernández, por Juan Patiño Regueira e Vicente Francisco Álvarez Martínez e José Ignacio Gómez Cuesta en representación do SEPES de acordo co informe que antecede.

Segundo.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM relativa ós sectores de solo urbanizable S-4 e S-9.

Terceiro.-Proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, publicando neste último o contido da normativa.

Cuarto.-Comunica-lo dito acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente e de dous exemplares da modificación do plan, debidamente dilixenciados, en cumprimento do establecido no art. 48.3º da LSG.

Quinto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes, Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 14 de febreiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo