Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Na sesión extraordinaria do Pleno de data 9-2-2001, acordouse o seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle, redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, para a U.5, contemplado no PXOM do concello.

Segundo.-Rexeita-las alegacións presentadas polo grupo municipal do BNG, por estimar que o estudio de detalle redactado contempla as esixencias esta

blecidas na ficha da U.5, porque nel se cumpren o uso especificado e que o 50% da superficie para axardinamento se refire a superficie vacante, deducida da dedicada a edificabilidade.

Terceiro.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e se notifique ós interesados co sinalamento dos recursos procedentes.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Arbo, 12 de febreiro de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde