Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración e instalación dun sistema de cableado estructurado para centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-84/2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: cableado estructurado.

-CPV:

-Cantidad: 3.000 puntos.

-Orzamento total: oitenta e dous millóns cincocentas mil pesetas (82.500.000 pesetas), equivalentes a 495.834,49 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: o prazo de execución será de tres anos.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: vid supra, punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 16 de abril de 2001.

6 a) Data límite de recepción das ofertas: 23 de abril de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en (vid supra, punto 1).

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la sua oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: en (vid supra, punto 1).

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 2 de marzo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos