Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de servicios de transporte sanitario non urxente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. 15781 Santiago de Compostela. (www.sergas.es).

2. Obxecto do contrato. A contratación de servicios de transporte sanitario non urxente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O contrato desagregarase nos seguintes lotes:

Lote 1: A Coruña.

Lote 2: Ferrol.

Lote 3: Santiago de Compostela.

Lote 4: Lugo.

Lote 5: Costa-Burela.

Lote 6: Monforte de Lemos.

Lote 7: Ourense.

Lote 8: Verín.

Lote 9: Valdeorras.

Lote 10: Pontevedra.

Lote 11: Vigo.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo de seis mil setecentos corenta e seis millóns de pesetas (6.746.000.000 de pesetas), 40.544.276,56 euros, coa seguinte distribución por lotes e anualidades:

5. Fianzas e garantías.

a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios); edificio administra

tivo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económica-financeira e técnica. Acredítanse conforme o previsto no número 5.3 (puntos 11 e 12) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no número 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e no lugar e forma establecidos no número 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, ático, ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios. Os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos