Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto, para a subministración de material ortoprotésico para as unidades de atención primaria temperá da Comunidade Autónoma galega. (CP 29/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (cla

sificación estatística dos productos por actividades): subministración de material ortoprotésico para as unidades de atención primaria temperá da Comunidade Autónoma galega. CP 29/2001.

Orzamento total: 97.111.511 ptas. 583.651,94 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 7 lotes.

Lote nº 1: posicionadores e dispositivos infantís de bipedestación e marcha.

Lote nº 2: cadeira infantil de empuxe con kit de posicionamento en gomaescuma.

Lote nº 3: cadeira infantil de gran discapacidade con accesorios.

Lote nº 4: cadeira infantil autopropulsable con accesorios.

Lote nº 5: dispositivos posicionadores personalizados sobre cadeira electrónica de interiores con accesorios.

Lote nº 6: dispositivos posicionadores personalizados sobre cadeira electrónica de exteriores con accesorios.

Lote nº 7: axuda para a comunicación.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de abril de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 10 de abril de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamento en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2000.

17. Data de envío do anuncio: 5 de marzo de 2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 22 de febreiro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña