Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Lorena Fernández Pardo.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/228/2001, interposto por Lorena Fernández Pardo na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de logopeda, impugna a perda dos seus dereitos producida por non ter comparecido no acto de elección de destino que tivo lugar o 26 de xullo de 2000.

O que se notifica para xeral coñecemento dos interesados no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos