Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-1/2001).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 12 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente as modificacións puntuais ó PXOM que afectan a:

POL.I12.01 e POL-I12.03. A modificación propón unificar ámbolos dous polígonos nun só, o novo POL I12.01.

Modificación puntual do artigo 3.2.18 do PXOM.

Modificación puntual do APE-F9.01 Os Mallos.

Modificación puntual do POL-F5.01 Escola de Náutica.

Modificacións que afectan a superficie de sistemas xerais de espacios libres: trazado do paseo marítimo no tramo comprendido entre Labañou e O Portiño.

Ampliación do cemiterio de San Amaro.

Eliminación do POL-H2.01 travesía de San Antonio.

Modificación do POL-E8.04 Lugar A Silva IV.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento anunciándose así no DOG, nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego, e BOP.

Terceiro.-Remiti-lo documento á Comisión Superior de Urbanismo da Xunta de Galicia, á Demarcación de Costas da Administración do Estado e da Xunta de Galicia, á deputación provincial e ó Ministerio de Fomento.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan fomula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na avenida de Mariña, 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de marzo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo