1. Obxecto e orzamento: servicio de mantemento das aplicacións e soporte ós usuarios dos sistemas de información orientados ó ámbito da Dirección Xeral de Servicios Sociais por un importe máximo de 31.000.000 de pesetas (IVE incluído), equivalente a 186.313,75 euros.
2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Clasificación económica: grupo: III, subgrupo: 3, categoría: B.
4. Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Garantías: non se esixen.
7. Admisión de variantes: non se admiten.
8. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos