Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dunha asistencia técnica para o mantemento da aplicación de avaliación de tratamentos de quimioterapia en centros concertados. (S/203-2001).

1. Obxecto e orzamento: unha asistencia técnica para o mantemento da aplicación de avaliación de tratamentos de quimioterapia en centros concertados, por un importe máximo de seis millóns trescentas mil pesetas (6.300.000 pesetas) (IVE incluído), equivalente a 37.863,76 euros.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

5. Garantías: non se esixen.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Ser

vicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo de San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos