Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, procedemento aberto e subministración sucesiva, para a adquisición de equipamento de esterilización con destino ó Hospital de Montecelo de Pontevedra. (SCS-08/2001) (5 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento de esterilización con destino ó Hospital de Montecelo de Pontevedra (5 lotes).

Orzamento: trinta e cinco millóns oitocentas vinteseis mil pesetas, con IVE incluído. (35.826.000 pesetas con IVE incluído) (215.318,60 euros).

Lote 1:equip. esterilización.2.280.000 ptas. 13.703,08 euros.

Lote 2:esterilizador baixa temperatura.9.750.000 ptas. 58.598,68 euros.

Lote 3:lavadoras/descontaminadoras.14.000.000 ptas. 84.141,69 euros.

Lote 4:moblaxe clínica esterilización.2.596.000 ptas. 15.602,27 euros.

Lote 5:carros de transporte material estéril.7.200.000 ptas. 43.272,87 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación.Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: prazo de entrega máximo 30 días, excepto o lote 2, que será, como máximo, de 45 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a devandita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo

de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos