Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, procedemento aberto e subministración sucesiva, para a adquisición de equipamento para o arquivo do edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Servicio Galego de Saúde en San Lázaro de Santiago de Compostela. (SCS-13/2001) (lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento para o arquivo do edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro de Santiago de Compostela (SCS-13/2001) (lote único).

Orzamento: dezasete millóns trescentas setenta e seis mil pesetas con IVE incluído (17.376.000 pesetas con IVE incluído) (104.431,86 euros).

Lote único: equipamento para arquivo 17.376.000 pesetas, 104.431,86 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, fabricación e montaxe 40 días.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a devandita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos