Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o 25 de xaneiro de 2001 aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan parcial de Esteiro parcelas 2C e 4A.1.2 de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

En sesión celebrada o 29 de xuño de 2000, o Concello Pleno acordou a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial de Esteiro nas parcelas 2C (cuarteirón 2) e 4A.1.2. O 8 de novembro enviouse o expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no que se solicita o informe preceptivo establecido no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. O 18 de decembro de 2000, recibiuse un informe da Dirección Xeral de Urbanismo que informaba favorablemente a modificación puntual do Plan parcial de Esteiro, coa expresa condición de que se cumpriran as dúas observacións contidas no informe consistentes en: 1º Incorporar ó expediente o resultado do trámite de información pública e asina-lo proxecto. 2º Garantí-la adecuada inserción da ordenación proposta nesta modificación no Plan xeral en tramitación. Vistos os informes técnicos municipais onde se considera que xa se incorporaron ó certificado do rexistro sobre a información pública e que a modificación

se terá en conta no documento refundido do Plan xeral a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión do 4 de xaneiro de 2001 en votación ordinaria e por unanimidade, estimou

oportuno propoñerlle o Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial de Esteiro nas parcelas 2C (cuarteirón 2) e 4A.1.2 de Ferrol. Segundo.-Publica-lo presente acordo e dar conta á Consellería de Política Territorial.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1192, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE 14-7-1998).

Ferrol, 7 de febreiro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde